Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial contará co seu propio selo conmemorativo


# Martes, 30/03/2010
O Concello de Lugo e Gestagua asinan un convenio de colaboración no marco de Lugo10 por importe de 40.000 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Xeral de Gestagua, Fernando Medina, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 para a realización dos actos e actividades que se engloban baixo a marca coa que o Concello de Lugo está a conmemorar o décimo aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

O Alcalde aproveitou o evento para anunciar a decisión do Ministerio de Fomento a través do Presidente de Correos de que o décimo aniversario da Muralla conte co seu propio selo conmemorativo.

Convenio
O convenio establece a colaboración para a organización, programación e posta en marcha deste programa cultural, artístico, deportivo, científico, turístico e, sobre todo, social, para o que é precisa a colaboración económica de todos aqueles que queiran sumarse ao proxecto.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a colaboración de Gestagua en Lugo10.

Lugo10
Lugo10 é un completo programa de actividades e actos que busca a promoción e difusión dun extraordinario monumento como é a Muralla Romana de Lugo, Patrimonio Mundial.

O obxectivo deste programa é involucrar ás forzas vivas da cidade e ao conxunto da cidadanía para que traballen de forma unida nun proxecto de difusión do patrimonio e a historia de Lugo, que favoreza e potencie a imaxe positiva da cidade tanto dentro como fora.

Gestagua colabora coa achega de 40.000 euros para asumir os gastos derivados das actividades realizadas polo Concello na execución do programa Lugo10, actuando así como patrocinador.

A cambio, o Concello de Lugo fará constar a colaboración de Gestagua nun lugar prioritario do conxunto de accións incluídas na comunicación global corporativa, como campañas de publicidade e marketing que se leven a cabo.

Así mesmo, Gestagua recibiu de mans do Alcalde o título de embaixador da Muralla Romana acompañado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional de cerámica de Luis Regal.

Ata a data patrocinan Lugo10:
Deputación provincial de Lugo
Fundación Tic
Telefónica
Calfensa
Nupel
Urbaser
EMETEL
Gestagua
Transportes Valín
Cociñas Lareira
ONCE
Coca Cola
Ribeira Sacra
Fundación César Egido
Fundación Azkar
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova