Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Deportistas lucenses da Selección Galega proclámanse campións de España de loitas olímpicas


# Martes, 30/03/2010
A Selección Galega acadou o primeiro posto por autonomías no campionato celebrado en Xixón durante a fin de semana

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O pasado sábado 27 e domingo 28 de Marzo, celebrouse en Xixón o Campionato de España de Loitas Olímpicas, no que a Selección Galega acadou o primeiro posto por autonomías.

A este éxito da loita a nivel nacional, temos que destacar a aportación de Clemente Alves, loitador lucense que participou na categoría de menos de 60 quilos, aportando os puntos necesarios á selección para acadar este triunfo. O lucense non puido clasificarse para loitar polas medallas, pero é o primeiro ano que participa nos campionatos Nacionais, agardándolle un gran futuro se segue a traballar en esta liña.

Por  outra banda, o delegado da Selección  Galega de Loita e adestrador do Club de Loita Lugo, valorou de xeito moi positivo todas as participacións dos membros do club nos campionatos de España dos diferentes grupos de idade. "Fai un ano era impensable que Lugo achegara 3 deportistas a elite nacional, pero neste ano 2010, acadamos as expectativas postas no grupo de traballo", indicou.

No ano 2009, tan só un representante lucense acadou a clasificación para o Campionato de España, neste 2010, foron 3 os lucenses clasificados.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova