Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acolle unha conferencia para conmemorar o Día Internacional pola Visibilidade do Transxénero


# Mércores, 31/03/2010
Vidas Paralelas: unha mostra de realidade transexual actual é o título do relatorio

O Concello de Lugo a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, colabora coa celebración do segundo Día Internacional pola Visibilidade Transxénero.

Para conmemorar esta celebración hoxe, ás seis da tarde, terá lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo unha conferencia baixo o título Vidas Paralelas: unha mostra de realidade transexual actual.

Este día inclúe non só transexuais senón todas esas persoas que se moven en medio dos xéneros, intentando nadar en medio da forte corrente do binomio masculino-feminino tradicional.

Nesta conferencia tratarase o tema da crenza anquilosada durante séculos do deber de todas e todos de admitir que pertencemos a un xénero, a unha categoría inventada e abstracta que condiciona como persoas dende que se nace, asumindo roles de comportamento, obrigas e deberes para “parecer”, que non “ser”, homes e mulleres estandarizados por reglas que tradicionalmente teñen promovido comportamentos machistas, actitudes homófobas e por último, crimes transfóbicos coa morte de milleiros de persoas en todo o mundo polo simple feito de non actuar e parecer como unha persona dentro dun xénero.

Con este acto preténdese celebrar a visibilidade de quen estivo invisibilizado ou invisibilizada durante séculos. O obxectivo é abrir as miras dunha sociedade na que se esixe a liberdade individual, pero non permite saír das categorías de vida normal e normalizada que poida ameazar a orde tradicional.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova