Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de reserva de praza para as Escolas Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz


# Luns, 05/04/2010
O prazo permanecerá aberto ata o 25 de abril

As escolas infantís municipais de Serra de Outes e Gregorio Sanz abriron hoxe o prazo para realizar a solicitude de matrícula para novas incorporacións.O prazo para realizar esta reserva estará aberto ata o 25 de abril.

Na escola de Serra de Outes ofértanse 7 prazas para nenos de 3 meses a un ano, 4 prazas para nenos de entre 1 e 2 anos, e 26 prazas para nenos de entre 2 e 3 anos. En canto á escola Gregorio Sanz, ofértanse sete prazas para a unidade de 3 meses a un ano e 14 prazas para a unidade de 2 a 3 anos.

Para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso nas propias escolas infantís, no portal web do Concello www.lugo.es ou chamando ao número de atención á cidadanía 010.

Solicitudes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova