Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta unha guía de actividades de ocio saudables para a cidadanía


# Martes, 06/04/2010
A programación está destinada principalmente á mocidade lucense

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron unha guía de actividades ocio saudables organizadas polas súas Concellerías e programadas desde o Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias.

O obxectivo das actividades que inclúe a guía é evitar prácticas pouco saudables, así como a iniciación no consumo de alcol e tabaco promovendo actividades saudables e lúdicas que resulten atractivas para a mocidade nun espazo no que socializarse e no que non se asocie o uso das drogas coa diversión.

Basadre explicou que “esta oferta lúdica trata de cubrir as necesidades que teñen os rapaces e rapazas lucenses en materia de ocio e tempo libre”.

Entre estas actividades están:

- Escola de circo, teatro e malabares.- estase a levar a cabo desde o mes de xaneiro e terá lugar ata o mes de xuño. Os destinatarios desta actividade de carácter gratuíto son os mozos e mozas de entre 13 e 30 anos.

- IV Curso de baile.- Terá unha duración aproximada de catro meses entre marzo e xuño e destinarase aos lucenses de entre 12 e 35 anos.

- II Curso de baile de verán.-trátase dunha actividade gratuíta que terá lugar no mes de xullo no Centro de Convivencia de Lamas de Prado, no local social de Díaz de Castro.

- V Curso de Formación de Mediadores e Mediadoras Xuvenís de Prevención de Drogas.- Levarase a cabo a partir de abril.

- Break Dance.- Tamén neste mes de abril comezará esta actividade gratuíta destinada a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.

- Sábados +xti.- Para mozos e mozas de entre 12 e 16 anos. As actividades teñen lugar entre as 18:00 e as 22:00 horas todos os sábados ata maio de 2010, no local da Discoteca BOE, sito na rúa Otero Pedraio nº 20. O prezo da entrada será de 3 euros, excepto o día da inauguración no que a entrada será gratuíta (incluíndo unha consumición sen alcol). Para inscribirse nesta actividade, deberán chamar ao teléfono de atención á cidadanía 010 (982 297 350 se chaman desde fóra de Lugo). A Concelleira explicou que este programa conta xa con máis de 220 socios.

- Ocio Interxeneracional.- Trátase de saídas e excursións que se celebran tanto no inverno como no verán. Trátase dun proxecto feito en colaboración coas educadoras familiares do programa de intervención familiar (PIF). Está dedicada ás familias de carácter gratuíto.

-III Encontro das culturas.- Celebrado o pasado mes de marzo para dar a coñecer a cultura tradicional doutros países á cidadanía lucense.

Nesta guía anúnciase, ademais, o Punto de Información Xuvenil e Comunitario da praza do Castiñeiro. Neste centro municipal bríndase apoio escolar a rapaces e rapazas tanto de primaria como da ESO, así como apoio escolar a persoas maiores que están a sacar o título da ESO por libre. Neste punto os rapaces e rapazas do barrio elaboran a revista Planeta 13. Ademais o persoal do centro atende as peticións da veciñanza e resolve dúbidas acerca de trámites burocráticos.

Do mesmo xeito, durante os meses de verán realízanse diferentes actividades ao aire libre como xincanas.

O Punto de Información Xuvenil está aberto de luns a venres de 17.00 ás 20.00 horas.


MAX
Pola súa banda, a Concelleira de Xuventude presentou a nova programación de actividades incluídas no programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil). Rielo explicou que estas actividades contaron o pasado trimestre coa participación de máis de 1.300 persoas.

A Concelleira anunciou que nesta nova edición do MAX haberá as seguintes actividades na Casa da Música:

Venres:
21:30h – 23:30h Cociña creativa
21:30h - 23:00h Iniciación á guitarra
23:00h - 00:30h Obradoiro de traxes Arde Lucus

Sábado:
21:30h – 23:00h Street Dance
21:30h – 23:00h Obradoiro de coiro Arde Lucus

Para participar nos obradoiros do Arde Lucus será necesario anotarse chamando ao 010

As actividades complementaranse con consolas, xogos de enxeño, plataformas de baile, billar, campionato de ping-pong… todos os días da semana, agás os domingos, de 17.00 a 22.00.

Rielo explicou que entre as actividades programadas pola súa Concellería en colaboración co Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias e financiada polos bens decomisados do Plan Nacional de Drogas están previstos para os meses de verán a realización de un curso de produción musical e outro de graffiti e DJ´s.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova