Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A maior feira do moble de Galicia terá lugar en Lugo do 13 ao 16 de maio


# Mércores, 07/04/2010
Contará coa participación de expositores nacionais e internacionais

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Alcaldesa de Guitiriz e Deputada de Economía e Facenda da Deputación de Lugo, Regina Polín, o presidente da Federación de Comercio Galega, José María Seijas, e o director da mostra, Juan Carlos López, presentaron esta mañá na Casa do Concello unha nova edición da Feira do Moble de Lugo.

A Feira do Moble de Lugo, que terá lugar do 13 ao 16 de maio de 2010 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ocupará 10.000 metros cadrados expositivos, converténdose na principal e maior feira do moble de Galicia. A feira diríxese exclusivamente a profesionais do sector: fabricantes, distribuidores, importadores, exportadores, asociacións, empresas e organismos oficiais relacionados.

Os visitantes profesionais poderán avaliar a oferta e as últimas novidades e tendencias en mobiliario oficial, auxiliar, de xardín, de terraza, de tapizado, colchonería, mobiliario xuvenil, iluminación e complementos de decoración.

Contará coa participación dun centenar de expositores do mercado do moble nacional e internacional. Estímase que máis de 1.000 persoas estarán aloxadas na cidade o que repercutirá na economía lucense.

O Alcalde indicou que “neste momento o importante é que consumamos responsablemente pero que consumamos para reactivar a economía”. Ademais, López Orozco indicou “a importancia desta feira que promocionará a nosa cidade e a súa Muralla ao levar o emblema de Lugo a máis de 32.000 puntos de venta de mobles”.

Como indicou Regina Polín, “esta cita súmanse as celebracións do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade e o Xacobeo; dous acontecementos únicos nos que sumamos esforzos estamos a crear riqueza na nosa provincia nun momento no que, máis ca nunca, debemos traballar xuntos”.

Máis información en www.fmlugo.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova