Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde remodela o seu Goberno e nomea a Díaz Grandío Delegado da Área de Cultura, Deportes, Turismo e Educación


# Mércores, 07/04/2010
Sonia Méndez será Primeira Tenente de Alcalde e Nuria Mundiña Concelleira de Cultura

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe unha remodelación do Goberno local que supón o nomeamento do Concelleiro José Manuel Díaz Grandío como delegado da Área de Cultura, Deportes, Turismo e Educación. Ademais de encargarse desta área, Grandío será Concelleiro Delegado de Deportes e Turismo e incorporarase á Xunta de Goberno Local como sétimo Tenente de Alcalde. A Concelleira delegada de Educación continuará a ser Dolores Vieiro e a de Cultura, Nuria Mundiña que tomará posesión como Concelleira en substitución de Concepción Burgo, quen renunciou este luns o cargo de Concelleira para dedicarse exclusivamente ao seu posto de deputada no Parlamento galego. O posto de Primeira Tenente de Alcalde será asumido por Sonia Méndez.

Lugo canteira de políticos socialistas

O Alcalde explicou que esta é “unha remodelación reflexionada” e salientou “o orgullo que supón para o Goberno local o feito de que o grupo socialista do Concello sexa unha excelente canteira para postos de responsabilidade na política galega tanto no Parlamento como na Deputación de Lugo e na Confederación Hidrográfica Miño-Sil”. Tamén salientou Orozco a longa e positiva experiencia de Díaz Grandío que se fará cargo das competencias en Turismo nun momento no que este departamento está inmerso nun cambio substancial que levará á constitución dunha empresa mixta que formarán o Concello e entidades sen ánimo de lucro para dinamizar o sector turístico na cidade.

Tocante á Concellería de Cultura, López Orozco dixo que a valía intelectual e capacidade de traballo de Nuria Mundiña farán que leve esplendidamente ben a Concellería na que, ademais conta con traballadores municipais moi experimentados. A súa capacidade foi, precisamente, valorada para a súa inclusión na candidatura socialista e agora terá a responsabilidade de culminar o proxecto en materia cultural do programa electoral socialista que votaron os lucenses.

O Alcalde dixo ademais que a día de hoxe non ten previsto ningún novo cambio no Goberno antes das eleccións e sinalou que os socialistas contan con abrir a finais do verán o proceso para a súa confirmación como candidato á Alcaldía de Lugo.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova