Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello negocia coa Xunta melloras para os colexios públicos


# Mércores, 07/04/2010


A concelleira de Educación, Dolores Vieiro, avaliou como moi satisfactoria a xuntanza que mantivo hoxe co xefe territorial de Educación da Xunta, Ramos Ledo, co que tratou sobre os comedores escolares e a planificación de obras en colexios públicos.

Entre outros temas falaron sobre o comedor do colexio Luis Pimentel da Piringalla.

As dúas administracións agardan que o novo comedor empece a funcionar no curso que vén, unha vez resoltos os pequenos problemas existentes actualidade. Na xuntanza tamén se tratou sobre a situación dos comedores dos colexios Villaverde e Aneja que necesitan máis espazo para atender a demanda dos numerosos alumnos escolarizados nos dous centros escolares. Vieiro e Ramos Ledo teñen previsto efectuar visitas conxuntas ós dous colexios para vela posibilidade de ampliar as instalacións dos seus comedores.

A concelleira Dolores Vieiro tamén lle plantexou a Ramos Ledo a necesidade de que a consellería de Educación mellore o subministro eléctrico ós colexios públicos de Lugo, dado que é a Xunta a propietaria destes centros.

Ademáis, Vieiro e Ramos acordaron que as dúas administracións planifiquen conxuntamente as obras de mellora previstas para os colexios públicos da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova