Imprimir

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS COÑECE AS NOVIDADES NA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA


8/4/2010

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visita estes días a Feira de tecnoloxía TECNIMAP que se está a celebrar en Zaragoza, organizada polo Ministerio de Administracións Públicas. Zarzuela visita esta feira sobre administración electrónica, acompañada de dous técnicos do departamento que dirixe, para coñecer as novidades na implantación das novas tecnoloxías nas administracións públicas.

A Concelleira aproveitará a súa estadía na capital aragonesa, que se prolongará ata mañá, venres, para visitar o Concello de Zaragoza, onde se reunirá cos técnicos que traballan no desenvolvemento da administración electrónica nesa cidade.