Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O alcalde visita as vivendas adaptadas que construíu o Concello con financiamento do Feil


# Xoves, 08/04/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a casa para persoas con discapacidade construída polo Concello na rúa Leiras Pulpeiro. O edificio construíse coa financiamento do Fondo Estatal de Investimento Local cun presuposto de 599.000 euros. Nel haberá cinco vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, unha en cada planta, ademais dun local situado no baixo. Tamén dispón de prazas de garaxe para tódalas vivendas e para o local cuxo uso está pendente de decidir.

Cada unha das plantas ocupa unha superficie construída de 130 metros cadrados e as vivendas teñen 88 metros cadrados. Todas dispoñen de dous dormitorios, salón comedor, cociña, cuarto de baño e tendedeiro totalmente accesibles e adaptados ás necesidades das persoas discapacitadas.

O remate das obras está pendente só da instalación das cociñas, que serán domóticas, e da calefacción que usará o sistema de calor verde e poñerase no teito co que se evitarán os obstáculos que supoñen os radiadores, facilitando así os movementos das persoas que ocupen as vivendas.

Na súa visita ó edificio o Alcalde e a Concelleira estiveron acompañados por responsables das entidades Fundación Once, Cogami e Auxilia que agradeceron a sensibilidade amosada polo Concello para facilitar a accesibilidade ás persoas discapacitadas. Neste sentido, o Alcalde, López Orozco anunciou que unha vez rematadas as vivendas o Goberno local ten intención de adaptar a contorna do edificio para mellorar tamén a súa accesibilidade.

O Concello estudará con estas entidades o xeito no que se poñerán estes pisos a disposición dos discapacitados de Lugo, que podería ser mediante a fórmula de aluguer con dereito a compra para catro das vivendas. A quinta quedaría baixo a propiedade do Concello que a cedería a persoas discapacitadas que desexen probar a vivir de xeito independente.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova