Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 170 docentes participarán esta fin de semana nunhas xornadas sobre os pilares da LOE


# Xoves, 08/04/2010
As xornadas terán lugar o venres 9 e o sábado 10 de abril no IES Politécnico

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, o Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva e FETE-UXT, organizan un curso de información e formación do profesorado que se celebrará do 9 ao 10 de abril no IES Politécnico.

Calcúlase que asistirán máis de 170 docentes de toda Galicia.

A conferencia inaugural, mañá venres 9 de abril, correrá a cargo de Carlos Román Lorente e Jose Antonio López Ogalla, do CEIP San Isidro de Nijar (Almería).

Durante dous días desenvolveranse coloquios e conferencias que analizarán os grandes pilares da LOE: calidade, equidade e atención á diversidade. Os asistentes reflexionarán sobre os cambios, principios e fins da LOE, valorando así a competencia docente para asumir novos retos.

A clausura estará protagonizada por Federico Trujillo da Universidade de Granada e Ramón Flecha, Catedrático da Escola Universitaria de Socioloxía da Universidade de Barcelona, que realizarán os seus respectivos relatorios El libro Blanco de Interculturalidad e Perspectivas de la educación intercultural.

A mellora da docencia
O Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva pretende con estas xornadas propiciar un espazo de debate sobre os problemas educativos máis significativos, así como analizar e reflexionar sobre as propostas de intervención desde o modelo curricular da LOE. Así mesmo, segundo explicaron os representantes de FETE-UXT, preténdese dar a coñecer recursos e materiais para mellorar a labor docente e a intervención co alumnado.

Dentro dos contidos a tratar destacan:

- Diagnóstico do sistema educativo, visión da sociedade española e compromisos europeos.
- Retos reflectidos nos obxectivos do propio sistema: incrementar a tasa de escolarización nas idades temperás, promover a aprendizaxe ao longo da vida, a cidadanía, a igualdade de oportunidades e a cohesión social, e alcanzar o éxito de todo o alumnado da ensinanza obrigatoria.
- Elementos do currículo: Competencias, obxectivos, metodoloxía e avaliación.


Programa das xornadas:

Venres 9 de abril
18:00 a 18:30h. Entrega de material
18:30 a 19:00h. Inauguración
19:30 a 21:30h Presentación da experiencia: “Desarrollo de la interculturalidad en un centro educativo” Conferenciantes: Carlos Román Lorente/ J.Antonio López Ogalla. CEIP San Isidro de Nijar (Almería)
21:30h a 22:00h: Organización obradoiros.


Sábado 10 de abril
9:30 a 11:30h Traballo nos obradoiros:
Interculturalidade: Carlos Román Lorente/ J.Antonio López Ogalla.
Igualdade: Gloria Serrano (Monitora de igualdade de Madrid)
Valores: Luz Martínez Ten (Madrid)
Atención á diversidade: Cristina Villar Cobas (Lugo)
Marco Lexislativo: Oscar Díaz Queizan/ Mª Jesús Lence
11:30 a 12:00h: Descanso
12:00 a 14.00: Debate e toma de decisións por parte dos integrantes dos talleres (en cada un deles).
16:00 a 18:00h: Conferencia-debate: “El libro Blanco de Interculturalidad” Conferenciante: Fernando Trujillo. Universidade de Granada
18 a 19:30h Conferencia-debate: “Perspectivas de la educación intercultural” Conferenciante: Ramón Flecha. Catedrático da Escola Universitaria de Socioloxía da Universidade de Barcelona.
19:30 a 20:30h: Avaluación das xornadas e clausura


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova