Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NA CASA DO CONCELLO A UN GRUPO DE ESTUDANTES FRANCESES


8/4/2010 Os alumnos e alumnas están a participar nun intercambio co Colexio Fingoi

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 30 estudantes da capital francesa que participan no programa de intercambio entre o centro francés René Descartes e o Colexio Fingoi.

Os alumnos e alumnas parisinos acudiron acompañados por dúas profesoras do centro educativo francés e unha do centro lucense.

Este grupo de estudantes conforman unha nova promoción deste proxecto de intercambio de estudantes que se desenvolve entre os dous institutos desde hai tres anos.

O Alcalde manifestou a súa ledicia por esta nova visita. Ao final do acto o Alcalde entregou ás mestras francesas como lembranza deste encontro un libro sobre o pasado romano da cidade de Lugo.