Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago coa camiseta de Lugo10


# Venres, 09/04/2010
O 26 de marzo comezaron a súa andaina en Oviedo cara Compostela

Imaxe Asociada

Ao redor de 20 persoas da Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago de Compostela desde Oviedo levando unhas camisetas coa marca Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla romana como Patrimonio Mundial.

A asociación comezou a súa andaina o pasado 26 de marzo en Oviedo onde promocionaron o monumento lucense máis emblemático percorrendo as rúas da cidade coas camisetas de Lugo10.

O pasado 31 de marzo chegaron á Fonsagrada e realizaron un descanso durante a Semana Santa. Onte, xoves 8 de abril, comezaron a súa peregrinaxe de novo cara Santiago.

Desde a asociación manifestan que esta é a súa particular aportación para conmemorar o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial e aproveitando o Ano Santo.

Esta actividade é unha mostra máis do obxectivo marcado polo Goberno Local para involucrar ás forzas vivas da cidade e ao conxunto da cidadanía para traballar de forma unida nun proxecto de difusión do patrimonio e a historia de Lugo, que favoreza e potencie a imaxe positiva da cidade tanto dentro como fóra.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova