Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello fai pública a lista de admitidos no proxecto Lugo Emprego Activo


# Luns, 12/04/2010
O Concello deu a coñecer as persoas admitidas no proxecto “Lugo Emprego Activo”.

Na segunda fase do proxecto haberá cursos de coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas, atención especializada para persoas enfermas de Alzheimer, axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada, técnico en transporte sanitario, monitor de educación ambiental, técnico de sistemas de enerxías renovables, mantemento de aire acondicionado e fluídos, operador de estacións depuradoras de augas residuais, operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica e técnico en recuperación de espazos degradados.

Os participantes no proxecto recibirán formación nesta materia que completarán con prácticas en empresas.

O listado de persoas admitidas e excluídas pódese consultar na web do Concello www.lugo.es.

Os seleccionados deberán presentarse ás 10.30 da mañá do venres 16 de abril no salón de actos do Centro de Innovación e Empresas. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co Espazo Lab ou o 010.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova