Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Calfensa asinan un convenio de colaboración no marco de Lugo10


# Martes, 13/04/2010
A empresa achega 18.000 euros para os gastos das actividades de promoción do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Conselleiro Delegado de Calfensa Proyectos, SL, José Ramón Panete, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 para a realización dos actos e actividades que se engloban baixo a marca coa que o Concello de Lugo está a conmemorar o décimo aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

O convenio establece a colaboración para a organización, programación e posta en marcha deste programa cultural, artístico, deportivo, científico, turístico e, sobre todo, social, para o que é precisa a colaboración económica de todos aqueles que queiran sumarse ao proxecto.

O Alcalde de Lugo agradeceu a colaboración de Calfensa en Lugo10 “para poder levar a nosa cidade e ao seu maior monumento máis aló das súas fronteiras”. López Orozco pediu, ademais, á empresa que realice un adorno floral ao carón da Mosqueira co logotipo de Lugo10 como lembranza do aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

Calfensa colabora coa achega de 18.000 euros para asumir os gastos derivados das actividades realizadas polo Concello na execución do programa Lugo10, actuando así como patrocinador.

A cambio, o Concello de Lugo fará constar a colaboración de Calfensa nun lugar prioritario do conxunto de accións incluídas na comunicación global corporativa, como campañas de publicidade e márketing que se leven a cabo.

Así mesmo, Calfensa recibiu de mans do Alcalde o título de embaixador da Muralla Romana acompañado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional de cerámica de Luis Regal.

O Alcalde indicou que cada día son máis as asociacións, colectivos, empresas e institucións que se están a volcar nesta celebración aportando as súas ideas.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova