Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello reclama a gratuidade do aparcamento do novo hospital


# Mércores, 14/04/2010


O Goberno local oporase rotundamente a que os lucenses teñan que pagar polo aparcamento no novo hospital. O concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Lino González Dopeso, explicou en rolda de prensa trala Xunta de Goberno local que “o pobo de Lugo cedeu gratuitamente os terreos e non parece xusto que agora os lucenses tiveran que pagar por aparcar nuns terreos que foron propiedade da súa propiedade”.
González Dopeso advertiu que “se a Xunta de Galicia se encirra na súa negativa a que o aparcadoiro sexa gratuíto, atoparase coa firme oposición do Concello”. E asegurou que “o Goberno local ten o apoio da sociedade de Lugo e pensamos que se mobilizará para que eso non se consume”.

O Goberno municipal tamén criticou hoxe os recortes da Xunta nos comedores escolares. A respecto deste asunto, voceiro do Goberno local, José Rábade indicou que “a política de recortes na Consellería de Educación é moi curioso, porque se detraen cartos de servizos complementarios, como os comedores mentres se gasta un millón de euros na campaña do decreto do galego”. Rábade engadiu que “a educación é un servizo básico e parece que o PP non o entende así”.

Rábade tamén convidou ó Partido Popular a que coñeza polo miúdo o expediente da grúa municipal e a que “inicie as accións legais oportunas se o estima conveniente”. O concelleiro explicou que o pago que fixo o Concello por unha grúa á vella concesionaria da retirada de vehículos “xustificase cos informes que invito a que coñeza o PP”. E explicou que o traspaso do vehículo á nova concesionaria non se puido facer por unha circunstancia sobrevida, xa que o vehículo non puido ter autorización para o transporte de vehículos dada a súa antiguidade.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova