Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adxudica definitivamente o servizo de posta en marcha do sistema de abastecemento de auga en alta da cidade


# Mércores, 14/04/2010
O equipo de Goberno solicita á Xunta de Galicia a construción de pasos de peóns elevados na LU-530

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá a adxudicación definitiva do servizo de posta en marcha do sistema de abastecemento de auga en alta da cidade á empresa Gestión y Técnicas del Agua SA (GESTAGUA), por un prezo anual de 1.073.438 euros.

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, anunciou que “previsiblemente no mes de maio comece a poñerse en marcha a nova potabilizadora e que nun prazo de tres meses esté en disposición de dar auga en cantidade e calidade para Lugo”. Dopeso explicou que a actual planta potabilizadora seguirá en funcionamento surtindo ao Polígono do CEAO.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local, segundo anuncio o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, aprobou unha proposta para solicitar á Xunta de Galicia a construción de pasos peonís elevados na estrada LU- 530, xa que coa construción do novo hospital vaise converter nun dos principais accesos a este centro sanitario.

O Concelleiro explicou que esta estrada conta con importantes núcleos de poboación nas súas marxes véndose obrigados os veciños e veciñas a cruzar a vía, en numerosas ocasións, co evidente perigo que esto supón. “Por iso solicitamos á Xunta de Galicia a construción de alomenos un paso de peóns elevado para evitar que se produzan posibles atropelos ou accidentes”.

Outros asuntos
Nesta xuntanza abriuse o procedemento de adxudicación das obras de rexeneración de firme en Camiño de Souto que contará cun orzamento máximo de 121.134 euros e un prazo de execución de tres meses.

A Xunta de Goberno aprobou, ademais, dúas licenzas de obra, denegáronse outras dúas e concedeuse unha licenza de primeira utilización.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova