Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos e alumnas da Escola Infantil de Serra de Outes realizan un mural sobre a Muralla


# Xoves, 15/04/2010
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Educación visitaron o centro e coñeceron o proxecto educativo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, visitaron a un grupo de 20 nenos e nenas da escola infantil de Serra de Outes que están a realizar un proxecto educativo sobre a Muralla Romana e o seu décimo aniversario como Patrimonio Mundial.

Os nenos e nenas, de tres anos, prepararon entre todos un mural construíndo con pezas a Muralla, con plastilina, con pedras, con gomet, recortes de periódico, etc..

As mestras da escola explicaron aos cativos e cativas como forma parte do pasado da cidade, que foi construída polos romanos como unha ferramenta defensiva ante os invasores.

Os nenos e nenas coñeceron tamén a necesidade de coidala e de comprometerse a mantela limpa.

O Alcalde afirmou que “xa desde pequenos os cidadáns de Lugo teñen que aprender a ser lucenses e a amar á Muralla, polo que esta iniciativa é moi positiva para o coñecemento dos alumnos e alumnas como os cidadáns e cidadás do futuro”.

Escola Infantil Serra de Outes




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova