Uns 640 atletas participarán no Campionato Galego de Clubes Atletismo en Pista que se celebrará en Lugo
# Xoves, 15/04/2010
O Concelleiro de Deportes, o Presidente e o Delegado en Lugo da Federación Galega de Atletismo presentaron a competición no Concello
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Vaz, e o Delegado en Lugo da Federación Galega de Atletismo, Manuel Castiñeira, presentaron no Concello o Campionato Galego de Clubes en Pista que terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril, nas pistas Gregorio Pérez Rivera.
O horario das probas será de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.
Nesta competición participarán oito clubes masculinos e sete femininos que sumarán, segundo a organización, un total de 640 atletas.
- Clubes participantes na categoría masculina:
Ourense Atletismo
Sociedad Gimnastica de Pontevedra
Real Club Celta de Atletismo
ADAS Proindomor
Lucus San Fernando Caixa Rural
Ría Ferrol
Atletismo Sierra Narón
Atletismo Cangas
- Clubes participantes na categoría feminina:
Ourense Atletismo
Sociedad Gimnastica de Pontevedra
Real Club Celta de Atletismo
Lucus San Fernando Caixa Rural
Ría Ferrol
Atletismo Sierra Narón
Atletismo Cangas
Compartir: