Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe á Vicealcaldesa de Puerto Príncipe na Casa do Concello


# Venres, 16/04/2010
López Orozco manifestou a súa preocupación pola situación que está a vivir a poboación de Haití ayuda

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa do Concello á Vicealcaldesa de Puerto Príncipe, Nadege Joathim Augustin, que está a visitar Galicia.

O mandatario luncense manifestaron o seu interese e preocupación pola situación que está a vivir Haití tras o terremoto producido no mes de xaneiro no pais caribeño. A vicealcaldesa explicou que “o pobo haitiano sigue ainda traumatizado polo ocorrido, pero quere saír adiante xa que está acostumado ás catástrofes”.

A política haitiana está a visitar os pobos que están a socorrer ao país caribeño, tratando de acadar unha maior axuda e cooperación externa para a súa reconstrucción.

Despois de comparecer ante os medios de comunicación, o Alcalde e o vicealcaldesa haitiana mantiveron no Despacho de Alcaldía un encontro con David Balsa, Presidente da Conferencia Eurocentroamericana.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova