Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE Á VICEALCALDESA DE PUERTO PRÍNCIPE NA CASA DO CONCELLO


16/4/2010 López Orozco manifestou a súa preocupación pola situación que está a vivir a poboación de Haití ayuda

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa do Concello á Vicealcaldesa de Puerto Príncipe, Nadege Joathim Augustin, que está a visitar Galicia.

O mandatario luncense manifestaron o seu interese e preocupación pola situación que está a vivir Haití tras o terremoto producido no mes de xaneiro no pais caribeño. A vicealcaldesa explicou que “o pobo haitiano sigue ainda traumatizado polo ocorrido, pero quere saír adiante xa que está acostumado ás catástrofes”.

A política haitiana está a visitar os pobos que están a socorrer ao país caribeño, tratando de acadar unha maior axuda e cooperación externa para a súa reconstrucción.

Despois de comparecer ante os medios de comunicación, o Alcalde e o vicealcaldesa haitiana mantiveron no Despacho de Alcaldía un encontro con David Balsa, Presidente da Conferencia Eurocentroamericana.