Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca o Festival de Música Cidade de Lugo. XXXVIII Semana do Corpus


# Venres, 16/04/2010
O concerto inaugural correrá a cargo do grupo italiano La Risonanza

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Mañá, sábado 17 de abril, comeza a trixésimo oitava edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.

Ata o 1 de xuño celebraranse un total de vinteún concertos marcados pola súa calidade e a variedade, que terán como escenario diferentes lugares como o Círculo das Artes, o Conservatorio de Música, a Igrexa de San Pedro e a sede de Fundación Caixa Galicia.

Chopin, Schumann ou Pergolesi son algúns dos máis senlleiros compositores cuxas efemérides o mundo musical celebrará ao longo deste ano 2010 e aos que o festival prestará unha especial atención.

O Festival comeza cun concerto no Círculo das Artes dedicado a Pergolesi e os seus contemporáneos protagonizado polo prestixioso grupo italiano La Risonanza e o seu director Fabio Bonizzoni, que regresan á cidade tralo éxito acadado o pasado ano co oratorio de Haendel Il trionfo del Tempo e del Disinganno. Este concerto inaugural tamén suporá o debut na cidade da magnífica mezzosoprano italiana Romina Basso para cantar un programa conformado por obras de Antonio Caldara, Giovanni Battista Bononcini, Francesco Durante, Domenico Scarlatti e Giovanni Battista Pergolesi.

A entrada, coma sempre no festival, será libre ata completar o aforo do local.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova