Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para cooperar no programa Acceder


# Venres, 16/04/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

López Orozco asinou outro documento para a colaboración coa promoción e integración xitana de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un convenio de colaboración co director da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez, para o desenvolvemento do programa de emprego Acceder.

O Alcalde manifestou que o Concello de Lugo “vaise apartar de calquera debate estéril e defenderá os dereitos constitucionais e os dereitos humanos que recollen o dereito de todos os seres humanos ó traballo e a unha vivenda digna”. Tamén asegurou que “non nos vamos atopar solos, seguro que o farán tamén os outros partidos políticos. O Director da Fundación Secretariado Xitano sinalou que “só o 4% das familias xitanas viven en poboados chabolistas e aínda que é moito, esto significa que a maioría están integrados nos barrios”.

No convenio, o Concello declararase consciente de que a situación dos xitanos, con baixos niveis de formación e altas taxas de desemprego, require a posta en marcha de medidas activas nos campos da formación profesional e o emprego para unha completa incorporación social. Neste senso, considérase ás persoas xitanas como un grupo específico, no que o proceso de inserción laboral require, segundo manifestan os expertos, e dadas as súas peculiaridades e diferenzas culturais, un tratamento especializado e integral, que debe ser impulsado de forma positiva cunha política global, de xeito que se superen actuacións parciais ou fragmentadas, así como o risco da dispersión dos recursos dispoñibles.

O Concello e a Fundación pretenden, con este convenio, estreitar lazos, unir esforzos e actuar aunadamente para mellorar as condicións de vida e a plena participación social dos compoñentes dos grupos cidadáns e comunidades destinatarias da súa actividade e co obxectivo común de mellorar a capacidade de integración social da comunidade xitana, especialmente no mercado de traballo e emprego.

Segundo este convenio, o Concello comprométese a achegar a cantidade de 38.000 euros para o financiamento do programa, mentres que a Fundación manterá o dispositivo de emprego, impulsará políticas sociais máis activas e accións de sensibilizaci´´on contra os prexuizos e estereotipos coa comunidade xitana .

Ao mesmo tempo, a Fundación Secretariado Gitano, no marco do Programa Operativo de Loita na contra da Discriminación-Aceder, comprométese a realizar as seguintes accións coas familias destinatarias do programa de realoxos:

-Participar co equipo específico de minorías étnicas na elaboración dos proxectos individuais de cada familia realoxada, deseñando as intervencións no eido do emprego e a formación.
-Motivación e acollida dos usuarios no Programa de Emprego Acceder.
-Elaboración do diagnóstico de empregabilidade dos usuarios e usuarias e dos itinerarios de intervención sociolaboral.
-Realización de talleres de habilidades sociais e prelaborais para os usuarios, se é o caso.
-Deseño de accións de formación laboral para os usuarios.
-Derivación e seguimento dos usuarios a accións de formación.
-Acompañamento e seguimento dos usuarios no proceso de búsqueda de emprego.
-Prospección laboral nas empresas.

Loita contra a discriminación
Por outra banda o Alcalde asinou outro convenio coa Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo para o financiamento parcial do funcionamento do seu local social no que se están a desenvolver as actividades que organiza.

O Presidente da Asociación, Manuel Vila López, e o Alcalde de Lugo asinaron este documento coa finalidade de acadar unha maior eficacia na loita contra a discriminación e conquerir unha maior integración social e laboral do colectivo xitano da cidade.
O Alcalde manifestou que pronto se van realoxar en vivendas dignas 15 familias residentes no Carqueixo e a Concellería de Benestar Social traballará para que a convivencia cos veciños sexa pacífica. O Presidente da Asociación sinalou que das 300 familias que vivían no barrio do Carqueixo actualmente quedan 38, das que 15 están próximas a ser realoxadas.

Segundo este convenio, o Concello de Lugo comprométese a achegar 9.000 euros para o financiación parcial dos gastos do local da asociación, sito na rúa Conde 37. pola súa banda, a Asociación comprométese a:

-Crear un espazo de encontro para a mocidade xitana e poboación en xeral onde, a través de diversas actividades, se coñezan máis a si mesmos, saiban relacionarse mellor cos outros, compartan as súas inquedanzas e desenvolvan as súas capacidades lúdicas e creativas.
-Promover a igualdade entre homes e mulleres.
-Realizar as actividades de interese xeral demandadas pola colectividade xitana.
-Promover actividades con carácter permanente e continuo.
- A actuar na área de educación, co seguinte contido: Solicitude de prazas escolares, seguimento e control de faltas, solicitude de becas, mediación escolar; solicitudes de prazas nas escolas infantís (0-3 anos), co correspondente control de vacinas, informes médicos; apoio escolar (febreiro a xuño en horario de tarde) para Educación Primaria e ESO (Ensino Secundario Obrigatorio).


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova