Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un total de 150 desempregados participan nunha nova edición do programa Lugo, Emprego Activo


# Venres, 16/04/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Ten como obxectivo fundamental a inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inauguraron a segunda edición do programa de inserción laboral do Concello Lugo, Emprego Activo.

Trátase dunha iniciativa que comezou o seu percorrido o ano pasado e que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros, dos que o 80% procede do Fondo Social Europeo, de achegas da UE.

É un programa que ten como obxectivo fundamental a inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego. Diríxese a aqueles colectivos que contan con maiores dificultades como poden ser as minorías étnicas ou as persoas con discapacidade, entre outras.

Nesta nova fase participarán 150 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica en empresas. A oferta formativa presenta 10 cursos destinados a 15 alumnos por curso e que se desenvolverán no Espazo>Lab:

- Coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas

- Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer

- Axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada

- Técnico en transporte sanitario

- Monitor de educación ambiental

- Técnico de sistemas de enerxías renovables

- Mantemento de aire acondicionado e fluídos

- Operador de estacións depuradores de augas residuais

- Operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica

- Técnico en recuperación de espazos degradados

Os participantes no proxecto contan cunha beca para desenvolver a súa oferta formativa e entran a formar parte dun itinerario integral e personalizado de inserción sociolaboral no que desenvolverán:

1. Formación teórico práctica: encamiñada a desenvolver as capacidade e acadar un nivel axeitado de coñecementos para a inserción no mercado laboral.

2. Prácticas en empresas: As persoas participantes poderán poñer en práctica os coñecementos acadados para unha maior adaptación ás demandas das empresas.

3. Titorización e seguimento personalizado: Durante todo o proceso os beneficiarios disporán dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte do equipo técnico do proxecto .




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova