Imprimir

O CONCELLO ACORDA CON TRAGSA A SÚA COLABORACIÓN NO CUMIO INTERNACIONAL SOBRE DROGAS


16/4/2010

O Concello de Lugo asinou esta mañá un convenio coa empresa Tragsa que vai patrocinar o Cumio de alcaldes, alcaldesas e cidades sobre drogas, Europa, América Latina e o Caribe.

O convenio foi asinado polo Alcalde, Xosé López Orozco, e a Presidenta de Tragsa, María Luisa Graña. O Alcalde agradeceu a colaboración da empresa na celebración do cumio que se celebrará a semana que vén en Lugo. A Presidenta de Tragsa explicou que un dos compromisos da empresa é o de colaborar cos concellos.

O acordo establece que Tragsa colabora con catro mil euros á organización do Encontro.

www.cumbrelugo.org