Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o período de pagamento voluntario do IVTM


# Luns, 19/04/2010
O vencemento do período voluntario remata o 20 de xuño

Mañá martes, 20 de abril, comeza o período de pagamento voluntario do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e que rematará o 21 de xuño.

Este imposto, con periodicidade anual, afecta a todos os propietarios de vehículos dados de alta no Concello de Lugo que neste ano 2010 conta con 700 altas máis que no ano 2009. O Concello de Lugo porá ao cobro un importe total de 5.713.262 euros, correspondente aos 66.269 recibos.

Das novas altas de vehículos cursadas no 2010, son preto de 300 os vehículos que se benefician das exencións ou bonificacións por tratarse de vehículos de persoas con mobilidade reducida, vehículos cunha antigüidade superior aos 25 anos ou vehículos ecolóxicos.

Lembrar que dende fai tres anos a cidadanía conta coa Guía do Contribuínte, un manual con información de moita utilidade para os contribuíntes, xa que recolle un calendario estable para o pago dos tributos.

Todas as persoas que teñen domiciliado o pagamento, este pasarase directamente pola súa conta o día 5 de xuño. Tamén poderá realizarse o pago a través de Internet no portal web do Concello ou a través das pasarelas de pagamento das entidades colaboradoras, tamén nos caixeiros automáticos das entidades que dispoñan deste servizo.

De non facer o pagamento en tempo voluntario, incrementarase a cuantía cun recargo e posteriormente pasaría a realizarse o cobro por recadación executiva, aínda que o equipo de Goberno confía en que os índices de pagamento sexan tan bos como nas anualidades anteriores xa que os lucenses pagan en tempo e forma.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova