Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo defende a continuidade do centro de especialidades médicas na Praza do Ferrol


# Luns, 19/04/2010
Orozco envioulle unha carta á Conselleira de Sanidade e quere que se pronuncie o Pleno do Concello

Imaxe Asociada

O alcalde de Lugo, Xosé López, mandoulle unha carta á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que pide información sobre se está previsto trasladar o Centro de Especialidades da praza do Ferrol ó novo Hospital. Na misiva, remitida á Conselleira o pasado día 15 de abril, Orozco solicítalle a Farjas “información precisa” sobre o traslado e prégalle que “reconsideren tal posicionamento”.

O Alcalde argumenta que estas instalacións “atópanse no centro urbano, en pleno casco histórico, e a el acuden veciños non só de Lugo capital, senón tamén da área sanitaria centro que abarca unha poboación de máis de 200.000 habitantes e onde son atendidos entre 800 e 900 pacientes diariamente”. O Alcalde engade na carta que “se vería afectado tamén o comercio e o sector servizos do casco histórico” e por este motivo amósalle á Conselleira “a miña máis profunda preocupación”.

Ademais de dirixirse á Consellería, o rexedor municipal explicou esta mañá ós xornalistas que ten intención de poñerse en contacto cos voceiros dos grupos municipais para pactar unha postura sobre o asunto e, se non se chega a un acordo dos tres grupos, Orozco anunciou que o Grupo municipal socialista presentará unha proposta ó pleno.

O alcalde tamén explicou ós medios de comunicación que a próxima semana está prevista a reunión do Comité director do plan de mobilidade para tratar do trasporte público ó novo hospital. O alcalde dixo que “temos bastante ben encauzado o tema” e sinalou que se prevé que haxa autobuses cada 20 minutos.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova