Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Convivencia Maruja Mallo celebra a Festa da Primavera


# Martes, 20/04/2010
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade participou na inauguración deste festexo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou esta mañá na inauguración da Festa da Primavera do Centro de Convivencia Maruja Mallo. Trátase dunha iniciativa que partiu dos usuarios e usuarias do centro e que ten un marcado carácter andaluz.

O programa arrincou esta mañá ás 12.00 horas cunha degustación de fino onde se reuniron unhas 40 persoas.

Xa pola tarde comezarán as clases de sevillanas que terán lugar ata o venres 23 de abril. O grupo de adultos está ao completo con 40 inscricións, mentres que o grupo de nenos e nenas conta cunha decena de participantes inscritos e coa previsión de que participen os rapaces da ocioteca.

O sábado 24 ás 18.00 haberá unha cata de manzanilla e o domingo 25 ás 18.00 horas rematará esta festa co gran baile de Primavera.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova