Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
19/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Lugo acogerá el I Encuentro Gallego de Consejos Consultivos del Camino


# Martes, 20/04/2010


Imaxe Asociada
Case medio cento de persoas participarán en Lugo no I Encontro Galego de Consellos Consultivos do Camiño de Santiago, que presentaron hoxe no Concello o Alcalde, José López Orozco, a Presidenta do Consello Consultivo de Galicia, Teresa Conde-Pumpido, e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.

O Encontro celebrarase os días 5, 6 e 7 de maio en Lugo e Santiago en el participarán representantes destes altos órganos consultivos das comunidades autónomas polas que transcorren os Camiños francés, Primitivo e do Norte: Galicia, Asturas, Castela-León, A Rioxa, Navarra, País Vasco e Aragón.

Na presentación do Encontro, o Alcalde, destacou a importancia dos Consellos Consultivos para a vida política. “Canto mellor irían as cousas se non se fixeran con tanta présa e se consultara a estas institucións”, salientou López Orozco que tamén agradeceu a elección de Lugo para a celebración do Encontro os días 5 e 6 de maio. A xornada de clausura, o día 7, desenvolverase en Compostela.

O Presidente da Deputación de Lugo salientou tamén que “os Consellos Consultivos desempeñan un papel fundamental e non cercenan as competencias doutras administracións”.

Na xuntanza presentada hoxe vanse tratar temas como o urbanismo, os problemas de limitación de competencias entre Concellos e Comunidades autónomas e a protección xurídica do Camiño de Santiago, segundo anunciou Teresa Conde-Pumpido.
A preguntas dos xornalistas, a presidenta do Consello Consultivo de Galicia referiuse ó informe que vai emitir este organismo sobre o decreto do galego da Xunta. “A petición entrou”, dixo Conde-Pumpido. Tamén indicou que para darlle maior celeridade están estudando o caso dous letrados e engadiu que “mentres eles traballan, os demais esperamos e logo decidiremos”.


Programa
O primeiro relatorio do encontro terá lugar o día 6 de maio no salón de actos da Fundación Caixa Galicia en Lugo, e correrá a cargo do profesor titular de Dereito Constitucional da Universidade do País Vasco, Javier Tajadura Tejada. Na súa intervención abordará a regulación en torno aos convenios de colaboración celebrados entre comunidades autónomas, materia sobre a que os consellos consultivos deben ser consultados preceptivamente.

O profesor Tajadura é un experto de recoñecido prestixio na materia e autor de numerosas publicacións de referencia como “Justicia Constitucional y Unión Europea: un estudio comparado de las experiencias de Alemania, Austria, España, Francia, Italia y Portugal”; “Los principios rectores de la política social y económica”; ou “Los preámbulos constitucionais en Iberoamérica”.

O mesmo día 6 de maio, tamén na sede luguesa da Fundación Caixa Galicia, terá lugar unha mesa redonda sobre “Urbanismo e función consultiva” na que se debaterá e reflexionará sobre a problemática xurídica dun tema de plena actualidade e preocupación común, como é o urbanismo, con especial fincapé nas demolicións urbanísticas e a responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

Nesta mesa redonda contarase coa participación de destacados expertos na materia: Bernardo Fernández Pérez, profesor de Dereito Internacional Público da Universidade de Oviedo e, actualmente, presidente do Consejo Consultivo del Principado de Asturias; Francisco Javier D´Amorín Viéitez, maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, hoxe en día, conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia; Gorka Erlantz Zorrozúa Aierbe, vogal da Comisión Jurídica Asesora de Euskadi; e Ignacio Granado Hijelmo, letrado e autor de diversos artigos e publicacións sobre a asistencia xurídica ás comunidades autónomas e na actualidade, secretario xeral do Consejo Consultivo de La Rioja.

O último día do Encontro, o venres 7 de maio, terá lugar en Santiago de Compostela, na sede do Consello Consultivo de Galicia, unha última reunión de traballo na que se exporán as conclusións do Encontro.
Escuchar audio:
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva