Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus continúa cun gran concerto de piano


# Mércores, 21/04/2010
O italiano Andrea Lucchesini será o protagonista desta cita musical

Nas catro últimas edicións do Festival de Música Cidade de Lugo o piano converteuse, coa presencia de recoñecidos e celebrados artistas como Nicolai Lugansky, Paul Lewis, Joanna McGregor ou Artur Pizarro, nunha das apostas máis sólidas dun festival que este ano presenta na súa XXXVIII edición ao pianista italiano Andrea Lucchesini.

O programa seleccionado para o seu concerto de mañá, xoves 22 de abril, comeza botando unha ollada ao Barroco con catro sonatas do compositor italiano Domenico Scarlatti, antes de introducirse plenamente no romanticismo xermano cunha coidada selección de senlleiras obras de tres dos máis destacados mestres destes período transcendental para o piano. Así, Lucchesini interpretará composicións de Schubert, Brahms e, para rematar, Schumann. O orixinal Carnaval de Schumann serve para render merecida homenaxe ao compositor no bicentenario do seu nacemento.

Andrea Lucchesini, primeiro italiano que gañou o prestixioso Concurso Internacional de Piano Dino Ciani, é un pianista que con 45 anos se atopa nun momento de gran madurez artística que está a desenvolver unha interesantísima e intensa carreira. Como solista é invitado habitualmente ás máis prestixiosas salas de concerto do mundo a tocar con orquestra da categoría da Filharmónica de Berlín, o Concertgebouw de Ámsterdam, a Filharmónica de Múnic, a Sinfónica de Viena ou a Filharmónica de Londres e directores da fama de Abbado, Bychkov, Chailly, Russell Davies, Gelmetti, Harding, Rizzi, Sinopoli, etc.

A cita será ás 20.30 horas no Conservatorio Profesional de Música. Como é habitual no festival, a entrada para o concerto será gratuíta ata completar o aforo da sala.

Pode descargar o dossier do Festival de Música Cidade de Lugo cos horarios e detalle de todos os concertos e tamén o programa resumido:




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova