Cargando....
Concello de Lugo
05/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura o Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre drogas Europa, América Latina e o Caribe


# Mércores, 21/04/2010
López Orozco manifestou a importancia do traballo en rede para facer fronte a este problema

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na inauguración do de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre drogas Europa, América Latina e o Caribe, que terá lugar ata o venres na cidade e manifestou que “o traballo en rede, das familias e dos Concellos é o xeito de facerlle fronte a un problema que é de todos”.

Na inauguración do Cumio, o Alcalde manifestou que "é un pracer telos aquí para estudar un problema que é de todos" e amosou a esperanza de que "con afán de traballo e unión, algún día terá solución".

Tamén sinalou Orozco que "nós estamos a favor da saúde, a liberdade e a convivencia, e en contra daqueles que buscan na droga un xeito de gañar diñeiro".

O Alcalde foi o encargado de abrir o acto de inauguración do Cumio que reúne en Lugo durante 3 días a máis de 200 persoas de países europeos, de América Latina e o Caribe.

www.cumbrelugo.org

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova