Cargando....
Concello de Lugo
25/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o VIII Trofeo El Progreso- Cidade de Lugo de Deporte de Orientación


# Mércores, 21/04/2010
A competición terá lugar o vindeiro sábado 24 de abril no Monte Segade

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o representante do Club Fuvial en Lugo, Luís Gregorio Ramos Misioné, o responsable da área de orientación do Club Fuvial, Eugenio Rodríguez, e o Xefe Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte, José Manuel Rozas, presentaron hoxe o VIII Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo de Orientación.

A carreira terá lugar o sábado 24 de abril no Monte Segade. Esta proba de orientación está aberta á participación de escolares, universitarios e afeccionados. A organización estima unha participación de 190 deportistas.

O pasado sábado 17 de abril, tivo lugar unha xornada de iniciación-adestramento no Colexio Galén.

Os interesados en tomar parte neste torneo poderán formalizar a súa inscrición ata as 24:00 horas do mércores 21 de abril, a través do correo electrónico fluvialarrobaclubfuviallugo.com , eugenio.rodriguezarrobausc.es ou do fax 982 25 14 20.

Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán unha medalla, ademais de lacóns galegos os vencedores dos trazados 5, 6 e 7 e con camisetas conmemorativas ao resto. Tamén se sortearán entre todos os participantes unha estancia con circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Río Pambre, dous lacóns, dous vales de material deportivo en Élide e tres bonos por catro sesións de SPA no circuíto de hidroterapia do Club Fuvial.

Esta cita deportiva, está organizada polo Club Fuvial de Lugo e coordinada e supervisada pola Asociación Galega de Deporte de Orientación e pola Federación Española de Orientación, e conta co patrocinio do Concello de Lugo. Ademais, conta co apoio de diversas entidades comerciais.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova