Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno Local abre ao tráfico a Ponte do Río Mera tras ser reconstruída


# Xoves, 22/04/2010
O Concelleiro de Infraestruturas anunciou que a obra mellorou a seguridade da vía para os peóns

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou que mañá venres 23 de abril abrirase de novo ao tráfico a Ponte de Orbazai sobre o río Mera que foi reconstruída tras ser derrubada polo temporal que afectou á cidade a finais do mes de febreiro.

Piñeiro explicou que a Ponte do Río Mera ía ser ampliada con cargo ao Plan E 2010 polo que se modificou o proxecto co fin de utilizar eses fondos para reconstruír a infraestrutura.

O Concelleiro indicou que o proxecto contou cun orzamento de 190.000 euros para rehabilitar a ponte cos mesmos usos que viña prestando e ampliar a calzada mellorando así a seguridade vial. “ Nesta primeira fase de mellora da ponte a parte sobre a que actuamos queda con dous carrís de 3 metros cada un e unha beirarrúa de 1´8 metros para uso dos peóns”, o edil engadiu que “o obxectivo é ensanchar nunha segunda fase toda a ponte”.

José Piñeiro lamentou as molestias ocasionadas aos veciños e veciñas que transitaban pola ponte e resaltou que “o importante é que a obra para recuperar a vía executouse nun tempo record e agora a poboación conta cun paso de vehículos adecuado e un paso de peóns máis seguro”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova