Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pecha o orzamento 2009 con superávit


# Xoves, 22/04/2010
O remanente de tesourería é de 6.200.000 euros

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta da liquidación do orzamento do ano 2009 que foi pechado polo Concello de Lugo co superávit.

Méndez indicou que o remanente de tesourería (superávit acumulado ao longo dos distintos exercicios) é de 6.200.000 euros, aumentando en 1.700.000 euros con respecto ao 2008, polo que “en caso de que se producira un mal comportamento dos ingresos non se necesitarían maiores recortes que os estipulados á hora de aprobar o orzamento de 2010 (que baixou de 104 a 92 millóns de euros)”.

O Concello de Lugo liquidou o orzamento de 2009 cun resultado orzamentario de 3.464.000 euros, unha vez realizados os axustes legais (resultado de restarlle aos dereitos recoñecidos as obrigas do exercicio) é de 5.461.000 euros. Os ingresos, dereitos netos recoñecidos a favor do Concello, ascenderon a 101.800.000 euros e os gastos, obrigas recoñecidas, ascenderon a 98.400.000 euros.

Segundo a Concelleira “este superávit é debido á eficiente xestión orzamentaria baseada na racionalización do gasto corrente grazas a un ríxido control do gasto por todas as concellerías”, e engadiu que “o capítulo II do gasto corrente diminúe en 1.484.000 euros debido ao importante esforzo de contención e aforro levado a cabo no último ano polo equipo de Goberno”. Esta redución non afectou en ningún modo ao gasto social, que pola contra aumentou.

Méndez destacou o aumento do nivel de investimentos en obra pública. “O investimento foi superior en 11.861.000 euros ao de 2008, aumentando en máis dun 80%, de 14 a 26 millóns grazas a o Plan E.

Tamén se reduciron os gastos financeiros do Concello (intereses dos préstamos) en 371.000 euros como consecuencia da diminución da débeda viva nun 8%.

A Concelleira resaltou os positivos índices dos ingresos. “A pesar de que os impostos municipais (IBI e IVTM) levan 3 anos conxelados, aumentaron en 1.300.000 euros debido as novas altas e actualizacións de padróns que se produciron”. Isto é unha boa mostra da xestión económica eficaz reforzada coa modernización dos servizos como o establecemento de facilidades de pago a través de Internet, con tarxeta, domiciliacións, e a publicación do calendario do contribuínte.
“Temos unha economía saneada, temos máis servizos e máis dotacións públicas en todos os barrios sen endebedar ao Concello e sen que os cidadáns sofren subas de impostos”, indicou.

O Concello cumpre así co principio de estabilidade presupostaria tanto na aprobación coma na liquidación, polo que a capacidade de financiamento é positiva e tamén o é a súa capacidade de reacción ante calquera necesidade económica que xurda no municipio.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova