Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A mesa de contratación adxudica a construción da nova sede da Policía Local en San Fiz


# Xoves, 22/04/2010
A empresa adxudicataria oferta unha mellora de 1.200.000 euros

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo propuxo esta mañá a adxudicación da construción da nova sede da Policía Local e Protección Civil en San Fiz. A oferta seleccionada polos membros da mesa entre as 21 presentadas, foi a de Construcciones Piedra y Figraf, SA.

A obra conta cun orzamento de 3.100.000 euros e a empresa adxudicataria oferta unha mellora de 1.200.000 euros que se destinará a melloras en obra, urbanizar e equipar o edificio. Ademais, a empresa reduce o prazo de execución a 11 meses.

O edificio ubicarase nunha nova área de expansión urbana sita na zona sur da cidade que presenta unha adecuada conexión coas principais arterias da cidade de modo que a conectividade co resto da cidade queda garantida. A parcela na que se situará o novo edificio conta cunha extensión de 3.279 metros.

O proxecto, redactado por Mestura Arquitectes, S.L.P, plantexa un edificio cun retraso da aliñación vial coa intención de xerar un amplo espazo, unha praza exterior de acceso. A estrutura establécese en forma de U arredor dun patio que articula e xerarquiza os diferentes usos, aportando iluminación aos principais  percorridos interiores e facilitando a transición do espazo exterior cara o interior do edificio.

Esta estrutura permite diferenciar a ubicación das dependencias da policía local e protección civil xa que aínda que comparten algunhas áreas como é o ximnasio e a sala polivalente, requiren un funcionamento completamente independente. Isto é posible grazas a unha clara sectoralización das plantas baixa e primeira  tanto a nivel de circulación de interiores  como na configuración volumétrica do edificio.

A complexidade do programa de necesidades que plantexa este tipo de edificios e necesaria convivencia de dous servizos que requiren un funcionamento independente, suxeriu unha proposta volumétrica e distributiva dotada de certa flexibilidade para absorber posibles variacións de necesidades e permitindo a ampliación da superficie construída.

Os encargados do deseño procuraron a máxima flexibilidade distributiva e de adaptabilidade da planta que conta cunha modulación que permite a alteración no uso dos espazos en previsión  de necesidades de cambio de dimensión de cada un dos servizos.

Estrutura:
-A planta soto conta con espazos para arquivos, sala de tiro, aparcamento e dous almacéns.

- Módulo da Policía Local:

Planta primeira: Na que estará situada a Oficina de Atención ao Cidadán, os vestiarios, a sala de designación de servizos, xunta xeral, academia e biblioteca, e diferentes oficinas.
Planta segunda: Zona administrativa con despachos para os diferentes servizos deste corpo de seguridade, sala de xuntanzas, sala integral, sala de control de tráfico e salas de espera para esta zona administrativa, etc.

-Módulo de Protección Civil:
Planta baixa: Sala de xuntas e emerxencia, unha oficina administrativa, despacho técnico
Planta alta: zona para emerxencias con: dormitorios para 16 persoas, sala de descanso, comedor, office.

Na planta alta os dous módulos comparten o ximnasio.


Outras propostas
Os membros desta Mesa de Contratación adxudicaron, ademais, o servizo de atención ao público e coordinación de actividades na Casa das Linguas á empresa A Billarda, S.L. por un importe de 84.000 euros.

Por outra banda, a Mesa de Contratación adxudicou a Macrocopia a contratación do sistemas de impresión do Concello por un prezo de aluguer anual de 138.700 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova