Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa nun programa de intercambio de responsables de programas de emprego europeo


# Venres, 23/04/2010
O obxectivo é compartir experiencias e coñecementos para o apoio do autoemprego e do emprendemento

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acompañada por dúas técnicas da área de promoción económica, viaxará a vindeira semana a Estocolmo no marco dun proxecto Leonardo financiado pola UE.

O proxecto TROCO, está destinado ao intercambio de responsables e profesionais de programas de emprego. Está orientado ao fomento do espírito emprendedor, ao asesoramento a emprendedores, á creación de empresas, á inserción laboral, á formación, e a todas aquelas actividades dirixidas á redución do desemprego, así como o desenvolvemento de proxectos innovadores e á dinamización empresarial do territorio.

O obxectivo do proxecto é que o persoal do Concello de Lugo a través dunha serie de visitas concertadas a nivel institucional e profesional con organismos homólogos europeos (concellos, centros de formación e asesoramento, centros de empresa etc.), teña acceso a coñecementos e experiencias, a información sobre os lazos entre centros formativos, organismos de apoio ao emprego e empresas doutros países. Ademais, permitirá coñecer as súas ferramentas, sistemas de formación e iniciativas de calidade e innovadoras, así como establecer as bases para a preparación e xestión de futuros proxectos conxuntos no ámbito do emprendemento e do autoemprego.

Estas visitas técnicas tamén se aproveitarán para coñecer as entidades de acollida dos emprendedores participantes noutro proxecto denominado EUROTROCO, no que emprendedores lucenses terán oportunidade de establecer relacións comerciais e intercambiar experiencias con empresarios de Florencia e Estocolmo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova