O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou esta mañá na presentación do I Open Tempo de Pádel. Neste acto de presentación participaron ademais Domingo Seijas do Club Padel Nuestro (organizador do evento) e Marcos Rodríguez, do restaurante Tempo.
As finais do campionato terán lugar o 5 e 6 de xuño para categorías femininas e masculinas. A fase inicial celebrarase o 28,29 e 30 de maio.
En total participarán 24 parellas en masculino A e B e feminino.
Os primeiros e segundos clasificados de cada categoría recibirán como premio unha viaxe.
Para inscribirse neste Open de Pádel pódese chamar ao 982 100 012 ou 687 917 609.