Imprimir

O CONCELLO DE LUGO COLABORA CO I OPEN TEMPO DE PÁDEL


23/4/2010 As finais terán lugar no mes de xuño

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou esta mañá na presentación do I Open Tempo de Pádel. Neste acto de presentación participaron ademais Domingo Seijas do Club Padel Nuestro (organizador do evento) e Marcos Rodríguez, do restaurante Tempo.

As finais do campionato terán lugar o 5 e 6 de xuño para categorías femininas e masculinas. A fase inicial celebrarase o 28,29 e 30 de maio.

En total participarán 24 parellas en masculino A e B e feminino.

Os primeiros e segundos clasificados de cada categoría recibirán como premio unha viaxe.

Para inscribirse neste Open de Pádel pódese chamar ao 982 100 012 ou 687 917 609.