Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inicia hoxe, luns, unha serie de visitas técnicas en Estocolmo


# Luns, 26/04/2010
Forman parte do programa de intercambio de responsables de programas de emprego europeo.

Méndez viaxou á capital sueca acompañada por dúas técnicas da área de promoción económica do Concello.

O obxectivo último do proxecto Troco, que financia a Unión Europea, é fomentar o espírito emprendedor, a creación de empresas e a inserción laboral. Para elo este proxecto prevé o intercambio de responsables e profesionais de programas de emprego.

A Concelleira de Economía e Emprego salientou antes de viaxar a Estocolmo a importancia de establecer relacións con responsables de outros países que son futuros socios. Sonia Méndez tamén indicou que o Concello ten superávit grazas ós fondos europeos que contribúen a financiar os servizos. O Concello de Lugo goza de recoñecemento como xestor de proxectos europeos nos que participa, entre os que figuran os programas Feder, Urban, Interreg, o Fondo Social e o proxecto Leonardo, no que se enmarca o proxecto Troco.

O programa da viaxe a Estocolmo que efectúa esta semana a delegación do Concello de Lugo comeza hoxe cunha visita a Jobbtorg, onde coñecerán este proxecto e a política de emprego de Estocolmo. Logo acudirán á Kista Science City. Pola tarde visitarán a Innovationsbron, onde asesoran a investigadores, innovadores e emprendedores para transformar as súas ideas en negocios. Alí vainos recibir Mikael Hult, responsable sueco de incubadoras de empresas.

O martes visitarán Livstycket, un organismo sen ánimo de lucro que forma a inmigrantes e refuxiados en Suecia. O mércores, visitarán as oficinas de provisión de emprego de Arbetsförmedlingen e Blatteförmedlingen, así como o Centro para a Nova Empresa Nyföretagarcentrum. O programa inclúe na xornada do xoves visitas a unha empresa estatal, ALMI, que se adica a promover a competitividade de pemes, e á Real Escola de Tecnoloxía KTH Innovation.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova