Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e Gestagua asinan o contrato para a posta en marcha do sistema de abastecemento de auga


# Luns, 26/04/2010
O prezo anual do servizo será de máis dun millón de euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá o contrato para o servizo de posta en marcha do sistema de abastecemento de auga en alta da cidade á empresa Gestión y Técnicas del Agua SA (GESTAGUA), por un prezo anual de 1.073.438 euros.

Segundo as previsións, no mes de maio comezará a poñerse en marcha a nova potabilizadora e que nun prazo de tres meses esté en disposición de dar auga en cantidade e calidade para Lugo. A actual planta potabilizadora seguirá en funcionamento surtindo ao Polígono do CEAO.

A nova infraestrutura, unha das máis avanzadas de España, pode considerarse a obra máis importante da historia moderna de Lugo e garantirá auga potable para toda a cidadanía por alomenos 25 anos.

Coa posta en funcionamento desta infraestrutura, poderase beber auga de calidade da nova traída. Este, sen dúbida, é un dos grandes logros do Goberno de López Orozco: que os lucenses beban auga da billa con total tranquilidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova