Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde celebra o éxito do Cumio contra a Droga e lamenta que a Xunta non colaborara na súa organización


# Luns, 26/04/2010


Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou o éxito do Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre Drogas Europa, América Latina e o Caribe, celebrado a semana pasada na nosa cidade, do que fixo balance esta mañá, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre.

O alcalde manifestou que o Cumio serviu para “fixar os términos científicos e sociais que deben servir de base para tomar as decisións axeitadas diante deste problema” e tamén “se viu o gran papel que deben xogar os Concellos, sobre todo no terreo da prevención”.

A Ministra de Medio Rural comprometeuse a facerlle chegar ó Goberno a declaración de Lugo que acordaron os Alcaldes e Alcaldesas neste Cumio e que se vai asinar no mes de setembro en Coimbra. Ademais, López Orozco anunciou que o Concello envioulle a declaración formalmente ó Presidente de Goberno e actual Presidente da Unión Europea, así como ó Ministro de Asuntos Exteriores e ós Presidentes da FEMP e a FEGAMP, co obxectivo de que se adhiran a ela o maior número posible de Alcaldes.

Tocante ó impacto para a cidade da celebración deste encontro internacional, o Alcalde salientou que se demostrou que Lugo é capaz de organizar eventos deste tipo, de xeito que este tipo de actividades pódense nunha das vocacións da cidade. Tamén salientou que o Cumio “foi una promoción da Cidade moi importante pola presenza dos ponentes estranxeiros e porque deu a coñecer o nome de Lugo en medios estranxeiros e páxinas web que se fixeron eco desta xuntanza internacional”. Por iso, indicou o Alcalde “estamos encantado de ter colaborado” na celebración do Cumio e “agradecemos a axuda da CICAD, quen sufragou a maior parte do orzamento que tivo repercusión económica para os hoteis e outras empresas da cidade”.

O Alcalde tamén lamentou a falta de colaboración da Xunta na organización deste evento. “A pesar dos intentos que fixemos unha e outra vez non foi posible”, dixo Orozco quen explicou que se fixeron xestións persoalmente coa Conselleira de Sanidade e por escrito co Presidente da Xunta pero “non houbo resposta”. E aínda así, concluíu “o evento celebrouse e tivo éxito”.

www.cumbrelugo.org www.lugo10.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova