Imprimir

O CONCELLO MODIFICARÁ A ORDENANZA DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS A PETICIÓN DE AUXILIA


27/4/2010

O Gabinete de accesibilidade acordou hoxe facer algunhas modificacións á Ordenanza dA supresión de barreiras arquitectónicas. A proposta da asociación Auxilia, o Gabinete de accesibilidade aprobou tres das cinco modificacións propostas, unha vez feitas algunhas aportacións polo Servizo de Arquitectura do Concello e co informe favorable do Servizo de Enxeñería. As outras dúas modificacións quedaron pendentes de estudo por Urbanismo, xa que son competencia deste servizo.

Na xuntanza tamén se aprobaron as 9 solicitudes de excepcionalidade para a obtención de licenzas.

Ademais, o Concello manifestou que intensificará a vixilancia do uso das tarxetas de aparcamento nas prazas reservadas a discapacitados co fin de evitar a fraude no seu uso.