Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convidou en varias ocasións á Xunta de Galicia para participar no Cumio contra as Drogas


# Martes, 27/04/2010


O Concello de Lugo invitou reiteradamente á Xunta de Galicia a colaborar no Cumio Internacional contra as Drogas celebrado a semana pasada na nosa cidade.

Como manifestou esta mañá en rolda de prensa o Alcalde, José López Orozco, a Xunta rexeitou colaborar na organización do Cumio. O Alcalde presentoulle persoalmente o día 8 de outubro do ano pasado o proxecto para a celebración do Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades contras as Drogas, como informou aquel mesmo día o Concello ós medios de comunicación trala xuntanza celebrada no despacho da Conselleira, Pilar Farjas, en Santiago de Compostela.

Esta solicitude de colaboración non foi a única que se lle fixo ó Goberno galego que pese ós reiterados intentos do Concello de Lugo, tardou en contestar e acabou negándose a participar na organización do Cumio.

Esta iniciativa xa lle fora presentada á Consellería de Sanidade do anterior goberno galego, que deixara elaborado un borrador de Convenio que a nova Xunta non asinou.

Dende o Concello de Lugo incluso se convidou á Conselleira Farjas o pasado mes de agosto a que designase un técnico que representara á Xunta nun Foro previo á celebración do Cumio. Tampouco nesa ocasión o Goberno galego amosou interese neste proxecto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova