Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla de Lugo, nunha edición especial de botellas de Coca-Cola


# Martes, 27/04/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o director comercial de Begano Galicia, José Picado Carballeira, presentaron hoxe a botella de Coca-Cola conmemorativa do décimo aniversario da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial.

O popular refresco envasouse para a ocasión cunha etiqueta que cubre toda a botella coa fotografía da Mosqueira e co lema “Botella conmemorativa do Décimo aniversario Muralla de Lugo Patrimonio Mundial”, así como co logotipo de Lugo10.

Begano vainas regalar a hostaleiros e centros comerciais de toda Galicia e o Concello entregarallas ós visitantes de museos e do Centro de Intepretación da Muralla.

O Alcalde agradeceulle a Begano a súa contribución á promoción da cidade e do seu monumento máis emblemático e salientou que esta empresa tamén colabora noutras actividades co Concello como é o caso das competicións deportivas.

O director comercial de Begano Galicia explicou que o etiquetado das botellas de Coca-Cola coa imaxe da Muralla fíxose nas proximidades de París, onde se enviaron os envases xa cheos co coñecido refresco que foi envasado en Galicia.

Tamén explicou que inicialmente distribuiranse 3.000 botellas como se fixo coas Coca-colas que se fixeron coas etiquetas da Torre de Hércules e do Camiño de Santiago. Anunciou ademais que se a demanda destas botellas conmemorativas do décimo aniversario da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial é grande, estudarían facer outra tirada.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova