Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello repartirá en tres museos da cidade as botellas de Coca-Cola dedicadas ao aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial


# Mércores, 28/04/2010
Os visitantes do Centro de Interpretación da Muralla, da Casa dos Mosaicos e do Museo Arqueolóxico de San Roque recibirán como recordo un refresco

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O vindeiro luns 3 de maio comeza o reparto das 3.000 botellas elaboradas por Coca-Cola e o Concello de Lugo con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial por parte da UNESCO.

As persoas que visiten a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque, recibirán como agasallo unha das botellas de edición limitada deste refresco.

A botella ten impresa unha imaxe da Mosqueira da Muralla e o logotipo de Lugo10, o programa que engloba todos os actos de celebración do décimo aniversario.

Coca-Cola distribuirá, ademais, aos hostaleiros e centros comerciais galegos, unha boa parte das 3.000 botellas conmemorativas do décimo aniversario do patrimonio mundial do monumento máis significativo da cidade.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova