Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A mezzosoprano Ann Hallenberg e o director Alan Curtis en Lugo debutan en Lugo na XXXVIII Semana do Corpus


# Mércores, 28/04/2010
Protagonizarán unha noite con arias de ópera de Haendel no Círculo

O festival de música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus continúa coa presentación en Lugo da mezzosoprano sueca Ann Hallenberg, do director norteamericano (italiano de adopción) Alan Curtis e da súa orquestra Il Complesso Barocco. O venres 30 de abril interpretarán unha coidada, fermosísima e esixente selección de arias de ópera de Haendel.

Ann Hallenberg é sen dúbida unha das cantantes máis en forma hoxe en día, cunha impresionante sensibilidade e cualidade vocal. O concerto supón unha magnífica oportunidade de escoitar a unha artista no seu mellor momento de madurez artística e condicións vocais. Hallenberg e Curtis seleccionaron algunhas das máis fermosas arias de óperas de Haendel (Amadigi, Agrippina, Alcina, Serse, Ariodante, etc.).

Ann Hallenberg ten actuado nos máis importantes teatros de ópera (Scala de Milán, París, Zúric, Berlín, Viena, Venecia, Londres, Salzburgo, etc.) dirixida polos máis prestixiosos directores (Muti, Rousset, Minkowski, Sardelli, Spinosi, Bolton, Christie, etc.) e ten un amplísimo repertorio, aínda que é recoñecida como unha gran especialista na ópera barroca e, sobre todo, en Haendel (o autor das óperas deste concerto).

Alan Curtis foi un dos primeiros representantes da corrente historicista de recuperación da música barroca e é considerado un dos grandes especialistas desta corrente. Coa súa orquestra Il Complesso Barocco leva vinte anos de fructífera e aplaudida carreira por todo o mundo. A concerto está organizado en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. A cita é no Círculo das Artes ás 20:30 horas.

Como é habitual no festival, a entrada para ambos concertos será gratuíta ata completar o aforo da sala.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova