Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adxudica provisionalmente as obras da nova sede da Policía Local e Protección Civil en San Fiz


# Mércores, 28/04/2010


Imaxe Asociada

A Xunta de Goberno abriu o proceso de adxudicación para a contratación das obras de acondicionamento dun semisoto para unha galería de tiro.

O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente á empresa Construcciones Piedra y Figraf, SA as obras de construción dun edificio dotacional destinado a policía local e protección civil.

A obra conta cun orzamento de 3.100.000 euros e a empresa adxudicataria oferta unha mellora de 1.200.000 euros que se destinará a melloras en obra, urbanizar e equipar o edificio. Ademais, a empresa reduce o prazo de execución a 11 meses.

O edificio ubicarase nunha nova área de expansión urbana sita na zona sur da cidade que presenta unha adecuada conexión coas principais arterias da cidade de modo que a conectividade co resto da cidade queda garantida. A parcela na que se situará o novo edificio conta cunha extensión de 3.279 metros.

O proxecto, redactado por Mestura Arquitectes, S.L.P, plantexa un edificio cun retraso da aliñación vial coa intención de xerar un amplo espazo, unha praza exterior de acceso. A estrutura establécese en forma de U arredor dun patio que articula e xerarquiza os diferentes usos, aportando iluminación aos principais  percorridos interiores e facilitando a transición do espazo exterior cara o interior do edificio.

Esta estrutura permite diferenciar a ubicación das dependencias da policía local e protección civil xa que aínda que comparten algunhas áreas como é o ximnasio e a sala polivalente, requiren un funcionamento completamente independente. Isto é posible grazas a unha clara sectoralización das plantas baixa e primeira  tanto a nivel de circulación de interiores  como na configuración volumétrica do edificio.

A complexidade do programa de necesidades que plantexa este tipo de edificios e necesaria convivencia de dous servizos que requiren un funcionamento independente, suxeriu unha proposta volumétrica e distributiva dotada de certa flexibilidade para absorber posibles variacións de necesidades e permitindo a ampliación da superficie construída.

Os encargados do deseño procuraron a máxima flexibilidade distributiva e de adaptabilidade da planta que conta cunha modulación que permite a alteración no uso dos espazos en previsión  de necesidades de cambio de dimensión de cada un dos servizos.

Estrutura:
-A planta soto conta con espazos para arquivos, sala de tiro, aparcamento e dous almacéns.

- Módulo da Policía Local:

Planta primeira: Na que estará situada a Oficina de Atención ao Cidadán, os vestiarios, a sala de designación de servizos, xunta xeral, academia e biblioteca, e diferentes oficinas.

Planta segunda: Zona administrativa con despachos para os diferentes servizos deste corpo de seguridade, sala de xuntanzas, sala integral, sala de control de tráfico e salas de espera para esta zona administrativa, etc.

-Módulo de Protección Civil:
Planta baixa: Sala de xuntas e emerxencia, unha oficina administrativa, despacho técnico

Planta alta: zona para emerxencias con: dormitorios para 16 persoas, sala de descanso, comedor, office.

Na planta alta os dous módulos comparten o ximnasio.

Deportes
Por outra banda, a Xunta de Goberno abriu o procedemento de adxudicación para a contratación das obras de acondicionamento de semisoto para galería de tiro, remates do ximnasio e acondicionamento da súa contorna no complexo deportivo do Parque da Milagrosa. Nesta xuntanza realizouse unha proposta de aprobación do proxecto e do prego de cláusulas administrativas particulares, así como do gasto e a adxudicación por procedemento negociado.

A adxudicación contará cun orzamento de 165.000 euros co obxectivo de satisfacer a necesidade de dotar de novas instalacións deportivas acondicionando o ximnasio de Frigsa para a sala de tiro así como a necesidade de acondicionar a contorna do actual edificio do ximnasio e execución da estrutura e cuberta de comunicación entre os dous edificios.

A nova obra ocupará unha superficie de 516,25 m2. (galería de tiro 312,80 m2, e zona de acondicionamento de 239,89 m2) e contará cun prazo máximo de execución de tres meses.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova