Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Torneo Escolar de Prebeisbol remata a vindeira fin de semana


# Mércores, 28/04/2010
O sábado 1 de maio ás 12.30 horas entregaranse os trofeos aos equipos campións

A pasada fin de semana tivo lugar nas pistas da Cidade Cultural a primeira xornada do Torneo Escolar de Prebeisbol, organizado coa colaboración do Concello de Lugo.

Despois dos 6 partidos xogados, a clasificación a falta dun partido para cada colexio, a excepción do Rosalía, é como se detalla.

1º Luís Pimentel con 9 puntos

2º Albeiros con 4 puntos

Divino Maestro 4 puntos

Franciscanos 4 puntos

3º Rosalía de Castro 3 puntos

Ao colexio Rosalía fáltanlle tres partidos e para seguir co calendario inicial, este venres xogarán un dos encontros no centro contra Franciscanos.

O sábado día 1 de maio celebrarase a 2ª xornada e xogaranse os seguintes partidos:

10.30 Horas:

- Campo 1: Albeiros - Rosalía
- Campo 2: Franciscanos - Divino Maestro

11.30 Horas:

-Campo 1: Rosalía - Luís Pimentel

12.30 Horas: Entrega de trofeos.

Os trofeos serán entregados polo Concelleiro de Deportes José Manuel Díaz Grandío, o presidente da Federación Galega de Béisbol e o presidente do Lume B.C.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova