Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un total de 32 deportistas participarán no Máster Nacional de Bolos esta fin de semana en Lugo


# Mércores, 28/04/2010
O Campionato comezará o venres 30 de abril ás 17.00 horas na Bolera Pleno de As Termas

Lugo acolle a vindeira fin de semana o Máster Nacional de Bolos que terá lugar na boleira Pleno do Centro Comercial As Termas desde ás 17.00 horas do venres 30 de abril ata ás 13.30 horas do domingo 2 de maio.

Neste campionato participarán un total de 32 deportistas, os 16 mellores das categorías femininas e masculinas de toda España. Destaca a participación do lucense José Fraga do Club Milesios.

O torneo está organizado pola Federación Española de Bolos en colaboración coa Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

Desde o Concello se agarda que o campionato sexa un verdadeiro éxito e que faga visible a cantidade de xente que disfruta co deporte dos bolos.

Horarios:

Venres: desde as 17.00 horas.
Sábado: desde as 9.30 horas.
Domingo: desde as 9.30 horas.

A entrega dos trofeos será o domingo 2 de maio ás 13.30 horas no lugar da competición.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova