Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O alcalde falou dos monumentos de Lugo con nenos da Anexa que recibiu no Concello


# Mércores, 28/04/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, explicoulles a un grupo de nenos do CEIP da Anexa, a importancia para a cidade da conservación dos monumentos que ten a cidade. O Alcalde falou cos rapaces da Muralla e o décimo aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial nunha distendida entrevista que lle fixeron no seu despacho oficial.

Os seis nenos, alumnos de 6º de Primaria do colexio da Anexa, estiveron acompañados pola súa tutora e falaron co Alcalde da necesidade de coñecer e respetar os monumentos de Lugo así como da súa promoción.

A entrevista foille solicitada ó Alcalde para completar a información que recaban os alumnos para facer un traballo escolar sobre os monumentos. Os nenos fotografáronse con Xosé López Orozco diante dun retrato do Alcalde Angel López Pérez, obra de Julia Minguillón, que preside o despacho da Alcaldía.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova